Programa Encuestas de Evaluación Docente (EAD)

Este procedemento insírese dentro do Programa de Avaliación da Actividade Docente do Profesorado do Plan de Calidade Docente da Universidade de Vigo, e máis concretamente no Sub-programa de Opinión do alumnado.

Este Sub-programa fai referencia ao procedemento mediante o cal, o alumnado expón a través dunha enquisa a súa opinión, sobre a calidade da docencia que recibe, tanto no relativo ao contido das materias como ao labor do profesorado.

A enquisa de avaliación docente é un instrumento institucional que procura como un dos seus obxectivos a mellora da docencia, permitíndolle ao profesorado coñecer a opinión dos estudantes sobre o seu labor como docente, e así facer unha reflexión crítica do seu propio traballo permitíndolle reforzar os aspectos positivos e corrixir os negativos.

A transcendencia do procedemento precisa da participación activa, responsable e honesta do estudantado nas enquisas de avaliación docente, dando a coñecer a súa opinión co obxectivo de mellorar o seu futuro profesional e social e, en definitiva, de mellorar a Universidade.
 

Anexo al edificio de Gerencia y Servicios Centrales | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal