Bolsas de colaboración de apoio á calidade dos centros

 

A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado convoca, en coordinación cos centros, bolsas de colaboración destinadas ao alumnado da Universidade de Vigo.
Estas bolsas permiten aos alumnos incrementar a súa formación en xestión da calidade e afondar no coñecemento da organización e nas tecnoloxías de comunicación.

A función fundamental dos bolseiros é apoiar a implantación dos programas de calidade e dos procesos de información pública e mellora continua derivados destes.

 

Listaxe de bolsas convocadas e estado de tramitación.

 

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal