Programa Enquisas de Avaliación Docente (EAD)

Este procedemento insírese dentro do Programa de Avaliación da Actividade Docente do Profesorado do Plan de Calidade Docente da Universidade de Vigo, máis concretamente no Sub-programa de Opinión do alumnado.

Este Sub-programa fai referencia ao procedemento mediante o cal o alumnado expón, a través dunha enquisa, a súa opinión sobre a calidade da docencia que recibe, tanto no relativo ao contido das materias como ao labor do profesorado.

A enquisa de avaliación docente é un instrumento institucional que procura como un dos seus obxectivos a mellora da docencia, permitíndolle ao profesorado coñecer a opinión dos estudantes, e así facer unha reflexión crítica do seu propio traballo permitíndolle reforzar os aspectos positivos e corrixir os negativos.

Outro dos modos de participación do alumnado na mellora dos ensinos é mediante as bolsas de colaboración en actividades ligadas á calidade.
 

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal