Acredita Plus

ACREDITA PLUS é un novo programa desenvolto ao abeiro dos Criterios e directrices para a garantía da calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que permite ás titulacións obter un selo internacional de recoñecido prestixio, simultaneamente co proceso de renovación da acreditación.

O obxectivo principal é poder obter a renovación da acreditación da titulación e o selo europeo ou internacional aproveitando as sinerxias entre ambos procedementos de avaliación.

 

A día de hoxe está desenvolto en determinadas disciplinas, de maneira concreta nos eidos da Enxeñaría e da Informática:

- EUR-ACE é o selo Europeo de calidade para as titulacións de grao e mestrado en Enxeñaría.

Selo EUR-ACE

 

 

- EURO-INF é o selo Europeo de calidade para as titulacións de grao e mestrado en Informática.

Selo EURO-INF

 

 

 

 

Ambos os dous selos son certificados concedidos por unha axencia acreditada a unha universidade respecto dunha titulación avaliada segundo unha serie de estándares definidos, de acordo cos principios de calidade, relevancia, transparencia, recoñecemento e mobilidade contemplados no EEES.

 

Máis información xeral sobre o programa ACREDITA PLUS.

Presentación sobre o programa.

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal