Programa de Renovación da Acreditación de Títulos Oficiais

O programa de renovación da acreditación (ACREDITA) encárgase da avaliación das titulacións oficiais co obxectivo de garantir o desenvolvemento das mesmas estanse levando a cabo de acorodo coa memoria que obtivo a verificación inicial xunto con todas as modificacións aprobadas con posterioridade.

 

No RD 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o RD 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais recolle o seguinte:

"Antes do transcurso de seis anos contados desde a data da súa verificación inicial ou desde a da súa última acreditación, os títulos universitarios oficiais de grao e doutoramento deberán ter renovado a súa acreditación de acordo co procedemento e cos prazos que as comunidades autónomas establezan en relación coas universidades do seu ámbito competencial, no marco do disposto no artigo 27. Así mesmo, os títulos de máster deberanse someter ao indicado procedemento antes do transcurso de catro anos."

 

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal