Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC)

O Sistema de Garantía Interna de Calidade ten como obxectivo xestionar de forma sistemática e estruturada a calidade dos centros e títulos cunha orientación cara a mellora continua. Baixo este enfoque:

  • Establécense documentalmente as actividades a desenvolver, de xeito que dean resposta ás esixencias normativas e dos grupos de interese,
  • Recóllense rexistros adecuados, como proba do funcionamento e eficacia do sistema,
  • Analízanse sistematicamente os resultados e
  • Tómanse as decisións precisas para a súa mellora e para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese.

A implantación dun sistema de garantía de calidade é polo tanto unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua dos centros e das titulacións oficiais.

 

Máis información sobre sistemas de xestión de calidade e os seus resultados na Unidade de Estudos e Programas.

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal