Enquisas de Avaliación da Satisfacción das Titulacións Oficiais 2012

Data : 20/04/2012

Dende o 19 de abril ata o 15 xuño de 2012 está aberto o prazo para a realización das Enquisas de Avaliación da Satisfacción das Titulacións Oficiais (graos e mestrados) da Universidade de Vigo do curso

A recollida da opinión dos alumnos e dos profesores, mediante as enquisas, resulta imprescindible e importante cara a mellora continua das titulacións polo que agradecemos a súa colaboración dun xeito sincero e responsable.

Para facilitar o proceso de realización da enquisa, está habilitada unha plataforma informática en Secretaría Virtual, con acceso directo desde a páxina principal da web da Universidade de Vigo, na ligazón

https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/

Lembre que a enquisa é anónima e confidencial.A identificación mediante mediante o seu NIF, NIE ou outro documento cumpre a función de código de acceso, de xeito que en ningún caso quedará asociada á resposta emitida ao encher o cuestionario.

Poden atopar máis información de interese nas ligazóns

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/profesorado/enquisas_titulacions/

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/alumnado/encuestas_alumnado/

da páxina web da Área de Apoio á á Docencia e Calidade.

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse á Área de Apoio á Docencia e Calidade (mediante o enderezo electrónico enquisas.calidade@uvigo.esou a través do teléfono 986 811988).

O Vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade

Ignacio Barcia Rodríguez

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal