Caixa de QSP de centros e departamentos

19 de marzo de 2015

A aplicación institucional para a caixa de queixas, suxestións e parabéns (QSP) xa está activa para os centros e os departamentos da Universidade de Vigo. A caixa reactivouse no verán de 2014 para o ámbito de xestión e, desde o luns 16 de marzo, xa está en funcionamento para o ámbito académico. Permitirá organizar as QSP tamén por titulación e por ámbitos temáticos. A caixa está totalmente adaptada ás esixencias do procedemento de calidade Xestión das QSP.

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal