Persoal de Administración e Servizos (PAS)

Os programas de calidade destinados prioritariamente ao ámbito de xestión están deseñados no Plan Operativo de Xestión e no Plan Avante (Plan de calidade no ámbito de xestión).

Estes programas son:

  • Programa de cartas de servizos
  • Programa de xestión e mellora de procesos
  • Programa de avaliación da satisfacción dos/as usuarios/as
  • Programa de implantación do sistema de xestión

Pode obter máis información sobre estes programas na Unidade de Estudos e Programas.

 

Adicionalmente, o persoal de administración e servizos forma parte, con diferentes actividades e responsabilidades, nos programas de calidade no ámbito dos centros e das titulacións:

 

  • Avaliación da satisfacción dos grupos de interese dos centros:

 O traballo do persoal de administración e servizos é parte do desenvolvemento dos procesos de formación do estudantado da Universidade de Vigo. É por iso que a súa opinión constitúe unha fonte de información relevante para o funcionamento e mellora das titulacións oficiais nos centros da Universidade.

Para recoller esta opinión lévase a cabo a enquisa de avaliación da satisfacción coas titulacións oficias (graos e mestrados). O PAS adscrito aos centros académicos pode facela en liña respondendo a unha ligazón individualizada que recibirán por mensaxaría electrónica.

Cuestionario de avaliación

Ficha técnica da avaliación

Resultados da avaliación

 

 

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal