Programa Docentia

O desenvolvemento do Espazo Europeo de Educación Superior ten a promoción da calidade nas Universidades como un dos eixos de desenvolvemento.

Concretamente, a European Association for Quality Assurance in Higher Education (ENQA), recomenda a aseguranza da calidade dos docentes como un dos estándares e pautas de actuación para a garantía da calidade universitaria.

O Programa Docentia responde á directriz sinalada e aos requisitos recollidos na Lei Orgánica de Universidades (LOU), sobre a obrigatoriedade da avaliación das actividades docentes, investigadoras e de xestión do profesorado universitario. Nos Estatutos da Universidade de Vigo, estas competencias recóllense no artigo 97.

O Programa Docentia da Universidade de Vigo proponse os seguintes obxectivos:

  • Obter información contrastada e normalizada sobre os labores de planificación da docencia, desenvolvemento do ensino e resultados académicos e de satisfacción obtidos polo profesorado.
  • Utilizar esta información para a avaliación do profesorado. 
  • Recoñecer as labores de mellora da calidade da docencia e de innovación docente postas en práctica. 
  • Definir a definición e organización dos plans de formación do profesorado, e outras actividades que no futuro se queiran aprobar polos órganos correspondentes.
     
Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal