Enquisa de Avaliación da Satisfacción das Titulacións Oficiais

A calidade percibida polos axentes ou grupos de interese implicados nos ensinos mostra o grao de satisfacción coas súas necesidades e expectativas, que deben ser avaliadas e satisfeitas con criterios de excelencia.
A recollida de información (é dicir, o coñecemento da súa opinión) e o seu análise para a toma de accións de mellora é imprescindible para incrementar a eficiencia dos resultados do ensino.

Por iso, a realización polo profesorado das enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións constitúe unha importante ferramenta de desenvolvemento e mellora continua dos centros e titulacións, no marco dos sistemas de garantía de calidade dos centros e dos procesos de seguimento e acreditación dos títulos oficiais (graos e mestrados).

As enquisas realízanse a través dunha plataforma informática, con acceso directo desde a Secretaría virtual.

Preguntas frecuentes das enquisas de satisfacción das titulacións oficiais (FAQ)

 

Resultados da avaliación da satisfacción coas titulacións oficiais

 

En complemento, os resultados da avaliación poden atoparse, en detalle, no Sistema de Información á Dirección (SID), con acceso a través da Secretaría Virtual

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal