A Universidade de Vigo ten como un dos seus fins prioritarios "acadar as máximas cotas de calidade da docencia e investigación" (art.2 pto.2 dos Estatutos), en liña co previsto na Lei Orgánica de Universidades (LOU) e cos obxectivos do Espazo Europeo de Educación Superior, no que a garantía de calidade se converte nun dos principais eixos de actuación.
Este compromiso de procura da excelencia e adecuación constante ás demandas do noso entorno social reflíctese na nosa participación, dende o ano 1998, nas distintas convocatorias dos plans nacionais e programas de avaliación e mellora da calidade das universidades, promovidos polo Consello de Universidades e polas Axencias de calidade (ANECA e ACSUG).
O noso obxectivo central é implantar un sistema de calidade que asegure e posibilite os procesos de mellora continua no eido da docencia, contribuíndo así a garantir a satisfacción de todas as partes interesadas e á eficacia e eficiencia dos recursos dispoñibles.
A Área de Apoio á Docencia e Calidade centraliza e xestiona as actividades ligadas aos programas calidade no eido docente da Universidade de Vigo, desenvolvendo, entre outras, as seguintes funcións:
En todo este proceso, a motivación, a participación, o compromiso e a creatividade dos membros da comunidade universitaria son fundamentais para acadar os logros desexados.