Programa Seguimento de Títulos Oficiais

Para os títulos universitarios oficiais, a partir da súa implantación, a lexislación establece un proceso cíclico de seguimento e acreditación.

Cos criterios establecidos pola Rede Española de Axencias de Calidade Universitaria (REACU), pola Comisión Universitaria Reguladora do Seguimiento e a Acreditación (CURSA) e polo Consello Galego de Universidades, a ACSUG establece que os propósitos do seguimento de títulos son:

  • Asegurar a execución efectiva das ensinanzas conforme ao recollido no plan de estudos do título implantado.
  • Facilitar ás universidades a detección de posibles desviacións ou deficiencias segundo a memoria inicial presentada, no desenvolvemento efectivo dos títulos.
  • Axudar ás universidades na identificación de boas prácticas e na toma de decisións para establecer as melloras que é necesario incorporar no transcurso da implantación do plan de estudos.
  • Asegurar a dispoñibilidade da información pertinente e relevante aos diferentes axentes implicados no sistema universitario.

Dirección de mail do Programa de Seguimento de Títulos: seguimento.titulos@uvigo.es

Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal