Programa Valoración da Actividade Docente dos Centros (VAD Centros)

Procedemento para a valoración da planificación e seguimento da actividade docente nos centros da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo, consciente da importancia das tarefas de organización, xestión, seguimento e control da actividade docente que están desenvolvendo os centros, establece un procedemento para a valoración da planificación e seguimento da súa actividade docente. O devandito procedemento pretende facer un recoñecemento deste labor e de favorecer e incentivar as iniciativas para a súa avaliación e mellora.

Este procedemento insírese no Programa de Avaliación da Actividade Docente do Plan de Calidade Docente da Universidade de Vigo e proponse como obxectivos os seguintes:

  • Unificar e valorar a información dispoñible sobre as tarefas de organización, xestión, seguimento, control, avaliación e mellora da actividade docente nos centros.
  • Implantar e estruturar a medición destas variables a través da elaboración de indicadores homoxéneos.
  • Empregar esta información para a publicación de mencións específicas de recoñecemento do desempeño deste tipo de tarefas e para a achega de dotacións económicas adicionais aos Centros que poidan favorecer a continuación ou posta en marcha de iniciativas de autoavaliación, mellora e innovación docente
Anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais | Campus de Vigo | 36310 Vigo | España | Tlf: 986 813 897 | seccalidade@uvigo.es          Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal